Seminarios DRIE: Presentación Plans de Investigación

Os seminarios DRIE desta semana organizados polo grupo GAME xirarán arredor da presentación dos plans de investigación. Carmen Rodríguez Rocha exporá «Administración Dixital e Desenvolvemento Económico Municipal: Estudo de caso da planta local galega» e Jacobo Rivas Sanmartín «Acumulación extractiva, reconfiguración territorial y posibilidades de transición agroecológica en el rural gallego».

Terán lugar a partir das 16.30 h na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

Se non podes asistir de maneira presencial e queres participar por Teams, podes solicitar os datos de acceso á reunión ao correo idega@usc.gal.

Scroll al inicio